Causas do conflito 2º Guerra Mundial

O Golpe de Estado de Julio de 1936 foi o resultado dunha conspiración contra á República, que fracasou parcialmente e deu lugar a 1.1 Golpe de Estado
O golpe, previsto para o 18 de xullo, iniciouse o día 17 en Melilla e estendeuse rápidamente ao resto do protectorado de Marrocos. Franco, tras declarar o estado de guerra en Canarias, trasladouse a Marrocos para poñerse á fronte do exército de África. Entre o 18 e o 20 de xullo, a sublevación estendeuse pola Península, aínda que cun éxito desigual. Os sublevados triunfaron en amplas zonas agrarias e conservadoras, como Navarra, Castela e León, Galicia ou parte de Andalucía. Pola súa banda, a sublevación fracasou nas grandes cidades (Madrid, Barcelona, Valencia), nas zonas industriáis e en boa parte do norte, onde unha parte importante do exército e das forzás de orde pública permaneceu fiel á República. A resistencia popular foi clave para frear o golpe. Xurdiron milicias formadas por organizacións políticas e sindicáis que asumiron a defensa da República. Como consecuencia, o fracaso parcial da sublevación deu lugar a unha Guerra Civil que se prolongaría durante tres anos, a unha durísima posguerra e a ditadura de F.Franco que se prolongou hata a súa morte en 1975.

1.2 Dúas zonas, dous bandos

As principais cidades, as zonas industriáis e as reservas de ouro blanco quedaron en poder do gobernó e das organizacións políticas e sindicáis do Frente Popular, mentres que as zonas agrarias máis conservadoras e de maioría católica quedaron en mans dos militares sublevados. Desde o inicio do conflito, o país quedou dividido en dous bandos. Por unha banda, os sublevados, que se autodenominaban nacionais, xustificaban a súa acción como unha loita para restablecer a orde e acabar coa “anarquía”. A súa base social estaba formada pola oligarquía tradicional, sectores das clases medias, a Igrexa e os partidos de dereita (CEDA, falanxistas e carlistas). Pola outra, os republicanos, denominados “roxos” polos seus inimigos, defendían a legalidade republicana e a democracia fronte ao avance do fascismo en Europa. Este bando estaba integrado por unha gran diversidade de
forzás: republicanos, socialistas, comunistas e anarquistas. Nos primeiros meses da guerra, na zona republicana produciuse unha situación revolucionaria, xa que o poder quedou en mans das milicias e dos comités locais, debilitando o Estado e dificultando a organización da defensa.

3.1 Contexto internacional


A Guerra Civil española tivo unha importante dimensión internacional, xa que se desenvolveu nun contexto de crecente tensión entre as democracias e os réximes totalitarios europeos. Para moitos, o conflito foi interpretado como un enfrontamento entre fascismo e democracia. Ante o risco de extensión do conflito, Francia e o Reino Unido impulsaron unha política de non intervención. En Agosto de 1936, varios países europeos, incluídos Alemaña, Italia e a URSS, asinaron o Acordó de Non Intervención, que prohibía o envío de armas a España. Porén, este acordó non se cumpriu. Mentres as democracias occidentais mantiveron a súa neutralidade, as potencias totalitarias apoiaron activamente aos sublevados.

3.2 O comité de Non Intervención

O gobernó francés iba a prestar axuda á República, pero isto viuse interrumpido pola aparición do seu aliado RU, que temía que calquera intervención no conflicto español poñería en perigo á política de apaciguamiento coa Alemaña Nazi. Ante esta situación Francia impuslou a política de non intervención, que prohibía enviar calquer tipo de material bélico a España. Esto perxudicou a República, aínda que o acordó nn se cumpriu por parte de Alemaña e Italia dende un inicio, o que levou a que a república lle pedise axuda a Uníón Soviética.

3.3 Axuda a intervención estranxeira

Case simultáneamente, os republicanos e os sublevados pedirán axuda militar as potencias europeas. – Axuda ao bando franquista Hitler e Mussolini decidiron apoiar aos sublevados na Guerra Civil española por razóns políticas, estratéxicas, ideolóxicas e económicas, ademáis de ver ol conflicto como unha oportunidade para probar armamento e tácticas militares. Tras confirmar que Francia e Reino Unido non intervendrían, aceptaron axudar a Franco en 1936.A axuda foi clave: Alemania aportou aviación e a Legión Cóndor, mentras que Italia enviou numerosas tropas (CTV) y apoio aéreo. Tamén colaboraron Portugal e voluntarios extranxeiros. Este apoio resultou decisivo para a vitoria franquista.Franco financiou esta axuda con recursos como alimentos e minerais, ademáis de recibir apoio económico de capitalistas españoís e empresas internacionais que lle suministraron petróleo e transporte a crédito. – Axuda ao bando republicano A República tivo grandes dificultades para conseguir armas e combustible, e só contou cunha axuda importante da URSS, ademáis de apoios menores de Francia e México. A axuda soviética foi clave para evitar unha derrota inmediata, aínda que foi menos constante ca a de Alemaña e Italia e pagouse coas reservas de ouro do Banco de España, trasladadas a Moscova. A intervención de Stalin respondeu a intereses estratéxicos, como frear o bloque nazi-fascista. Tamén destacaron as Brigadas Internacionais, formadas por voluntarios estranxeiros en apoio á República. En conxunto, a intervención exterior foi decisiva no desenvolvemento e no desenlace da Guerra Civil. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *