Percorrido Histórico: España e a Xeopolítica Mundial no Século XX

A Crise da Restauración (1902-1930)

Despois dun período de 17 anos de rexencia de María Cristina de Habsburgo, iníciase o reinado de Alfonso XIII, coroado rei de España en 1902. O seu reinado foi convulso e estivo marcado pola crise de 1898 e pola inestabilidade política, económica e social.

O Colapso Político

O inicio do reinado de Alfonso XIII estivo marcado pola perda das colonias en 1898 e polo impulso de reformas inspiradas polo rexeneracionismo, un movemento intelectual que reflexionaba sobre as causas da decadencia de España como nación. O mantemento do caciquismo e a corrupción electoral provocaron o fin do sistema da Restauración de 1875.

As transformacións iniciadas a principios do século XX, como a industrialización, a urbanización, a masificación etc., acentuaron os desequilibrios sociais. Mentres, ante as novas necesidades da sociedade española, o sistema político mantivo as fórmulas propias do século anterior.

O declive dos dous partidos dinásticos (conservadores e liberais) foi simultáneo ao fortalecemento dos partidos da oposición, contrarios ao réxime monárquico (republicanos, nacionalistas, socialistas).

A Conflitividade Sociopolítica

Nas dúas primeiras décadas do XX, o réxime da Restauración atravesou varias crises:

  • A Semana Tráxica (1909)

    O envío de 40.000 reservistas, recrutados entre as clases populares para sufocar unha rebelión na rexión marroquí do Rif, provocou unha revolta popular. En Barcelona, a oposición materializouse nunha folga xeral contra a guerra, pero desbordouse e producíronse numerosos ataques e incendios de edificios relixiosos. O goberno reprimiu duramente a revolta.

  • A Crise de 1917

    Nestes anos produciuse a confluencia de tres graves crises: militar, política e social. O malestar dos militares materializouse nas Xuntas de Defensa, que crearon para presionar polos seus intereses e que o Goberno se viu obrigado a legalizar. Os partidos rexionalistas, reformistas e socialistas reclamaron, sen éxito, a través da Asemblea de Parlamentarios, a democratización e descentralización do réxime. En agosto de 1917, os sindicatos CNT e UXT convocaron unha folga xeral revolucionaria.

  • O Declive da Monarquía (1918-1923)

    O artificial auxe económico de España, favorecido pola neutralidade durante a Primeira Guerra Mundial, transformouse en crise económica nos anos seguintes. O descontento social radicalizouse e manifestouse violentamente en varias ocasións: durante o denominado “trienio bolxevique” no campo andaluz (1918-1921), coa folga na empresa eléctrica A Canadense, en Cataluña (1919), e cos frecuentes enfrontamentos entre sindicatos obreiros e patronal (con peches de empresas e pistolerismo).

Pistolerismo

A contratación de pistoleiros para acabar cos líderes revolucionarios ou sindicalistas experimentou o seu punto álxido entre 1917 e 1923. Os pistoleiros adoitaban ser contratados por empresarios con intención de frear as reivindicacións dos traballadores. Os obreiros tamén contrataron pistoleiros, aumentando a violencia. Estímase que o pistolerismo acabou coa vida duns 200 obreiros e uns 20 pistoleiros.

A Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)

En 1923, o xeneral Primo de Rivera, co apoio de numerosos xefes militares, das organizacións patronais e o beneplácito do rei, deu un golpe de Estado e impuxo unha ditadura que se mantivo vixente ata 1930.

No golpe de Estado influíron o descrédito do sistema parlamentario, a radicalización política, a conflitividade social e o modelo ditatorial do fascismo italiano. Pero a causa directa foi a deficiente ocupación militar de Marrocos, evidenciada no desastre de Annual (1921), unha importante derrota do exército español que demostrou a vulnerabilidade das tropas en Marrocos. En 1923, o ditador constituíu un Directorio Militar, que suspendeu as garantías constitucionais, disolveu as Cortes, prohibiu os partidos políticos, censurou a prensa e reprimiu con dureza sectores do movemento obreiro e do nacionalismo catalán. En 1925, Primo de Rivera substituíu o directorio militar polo Directorio Civil, un período de progreso económico. O réxime orientou a política económica a fomentar as obras públicas e a crear grandes monopolios, como a Compañía Telefónica Nacional de España e a Compañía Arrendataria do Monopolio de Petróleos (CAMPSA). O progreso económico non impediu a crecente oposición política e o malestar social provocados pola ditadura.

En 1930, o rei retirou o seu apoio a Primo de Rivera, substituído polo xeneral Berenguer primeiro e polo almirante Aznar despois, iniciándose o período coñecido como a “dictablanda” e tentou sen éxito retornar ao sistema constitucional anterior a 1923.

A Guerra de Marrocos

A Conferencia de Alxeciras (1906) e o Tratado Hispano-Francés (1912) recoñeceron internacionalmente as aspiracións coloniais españolas no norte de Marrocos. Pero o establecemento do Protectorado xerou o rexeitamento da poboación autónoma e unha guerra de desgaste. O exército español sufriu dúas grandes derrotas: o desastre do Barranco do Lobo (1909) e o desastre de Annual (1921). O problema marroquí resolveuse favorablemente para España grazas á ofensiva conxunta hispano-francesa, que permitiu o desembarco na baía de Alhucemas (1925), a rendición do líder rifeño Abd el-Krim e a ocupación do territorio. En Marrocos potenciouse a influencia do sector africanista dentro do exército.

A Segunda República (1931-1933)

Tras a caída de Primo de Rivera, Alfonso XIII dispuxo o restablecemento da Constitución de 1876. Nun intento de retornar ao sistema constitucional anterior a 1923, o Goberno nomeado polo rei convocou eleccións municipais. Os políticos dos antigos partidos dinásticos, apartados do poder en 1923, non colaboraron co monarca, a quen consideraban cómplice da ditadura.

A Proclamación da República

Os partidos da oposición (socialistas, republicanos e nacionalistas) asinaron o Pacto de San Sebastián (agosto de 1930) para instaurar a República, a única solución aos problemas do país. O goberno programou un retorno gradual á “normalidade” constitucional anterior a 1923, e convocou eleccións municipais para o 12 de abril de 1931, expostas pola oposición como un referendo sobre a monarquía. Na maioría das cidades, gañaron as candidaturas republicanas e socialistas. Alfonso XIII abdica e abandona o país. O 14 de abril proclamouse a República.

As Institucións Republicanas

O goberno provisional, formado polos representantes dos partidos asinantes do Pacto de San Sebastián, emprendeu reformas urxentes (amnistía para os presos políticos, legalización dos sindicatos, reforma da administración etc.) e convocou eleccións a Cortes Constituíntes. Nas eleccións de xuño de 1931 obtiveron a vitoria os grupos de centro-esquerda.

As Cortes elaboraron unha nova Constitución que organizaba un réxime político democrático. Aprobada a Constitución (decembro de 1931), as Cortes elixiron como presidente da República ao conservador Niceto Alcalá-Zamora, quen designou como presidente do Goberno ao republicano de esquerda Manuel Azaña.

A Segunda República (1933-1936): O Bienio Conservador

O 19 de novembro de 1933 celebráronse as segundas eleccións xerais da República, as primeiras na historia de España en que as mulleres puideron exercer o dereito ao voto.

O Bienio Conservador

As eleccións de 1933 configuraron unha inestable maioría conservadora ao redor da CEDA (Confederación Española de Dereitas Autónomas) de Gil Robles, o Partido Radical de Alejandro Lerroux e outros partidos menores. En novembro de 1933 iniciouse o bienio conservador, que durou ata febreiro de 1936. Esta etapa tamén é coñecida como “bienio negro”, debido á anulación das reformas sociais, económicas e autonómicas promovidas durante o bienio anterior.

Os gobernos radical-cedistas, dirixidos por Lerroux, executaron unha política revisionista: aprobaron un orzamento para o clero católico, permitíronlle á Igrexa volver ás escolas e recuperar a maior parte dos seus bens confiscados, suprimiron leis e decretos relacionados coas melloras laborais e salariais dos campesiños, devolvéronlles cargos a militares contrarios á República e opuxéronse ao Estatuto vasco a pesar da súa orientación conservadora.

Esta política provocou un gran descontento social. As organizacións obreiras convocaron unha folga xeral o 5 de outubro de 1934; o detonante foi a incorporación ao Goberno da CEDA (un partido que non se definiu como republicano pero que gañara as eleccións). A folga foi rapidamente reprimida e o Goberno declarou o estado de guerra. En Cataluña e Asturias, triunfou momentaneamente, pero a intervención do exército esmagou o movemento e causou miles de mortos. A radicalización política e a descomposición da maioría conservadora nas Cortes precipitou a crise de goberno e o presidente da República convocou novas eleccións para febreiro de 1936.

A Revolución de Outubro de 1934

A folga xeral adquiriu en diferentes zonas carácter revolucionario. En Madrid, Zaragoza, Barcelona, Bilbao ou Asturias, os obreiros protagonizaron revoltas que chamaban ao desacato e á rebelión contra as autoridades da República. A folga revolucionaria contou co apoio de sectores políticos e sociais de esquerda, e tivo unha dura represión por parte das autoridades.

O Agrarismo

A comezos do século XX xurdiu o agrarismo, un movemento social que loitaba e preocupábase polas cuestións agrarias, sobre todo, por aquelas que se relacionaban coas formas de explotación do campo e co réxime de propiedade rural.

O Nacionalismo Galego no Século XX

Xurdiu en 1916 coa fundación das Irmandades da Fala, que defenderon a cultura galega e definiron o ideario do nacionalismo. Defendían: a cooficialidade do galego e do castelán, a galeguización do ensino etc. Reclamaban a autonomía para Galicia, a creación dun poder autónomo representado por un Parlamento Galego etc. A acción política das Irmandades non foi moi destacada, centrouse en conferencias e mitins e en actividades culturais. A ditadura de Primo de Rivera cesou a actividade. Os esforzos nacionalistas centráronse no intelectual e creativo, coa revista mensual Nós (1920).

Coa caída de Primo de Rivera, o nacionalismo reorganizouse como movemento político a través do Partido Galeguista, fundado en Pontevedra en 1931, que reunificou as correntes do nacionalismo e impulsou o Estatuto de Autonomía. Algúns dirixentes foron Risco ou Castelao.

A Guerra Civil Española (1936-1939)

O Desenvolvemento do Conflito

  • As Primeiras Batallas

    Nos primeiros días de agosto de 1936, foi importante o paso á Península do exército de África, polos barcos e os avións prestados por Alemaña e Italia. Desde o sur, o exército sublevado foi avanzando cara ao norte; ocupando Estremadura e chegando a Toledo. En outubro de 1936, os sublevados iniciaron a ofensiva sobre Madrid.

  • A Guerra do Norte

    Para evitar unha guerra de desgaste, Franco, que xa fora investido como Xeneralísimo dos exércitos sublevados, trasladou a guerra ao norte. As tropas do xeneral Mola avanzaron cara a Bilbao, e a Lexión Cóndor da aviación alemá bombardeou Guernica, e o País Vasco foi ocupado. A morte de Mola permitiulle a Franco consolidarse como líder do bando sublevado. Tras a caída do norte, o exército republicano atacou Teruel en decembro de 1937.

  • O Avance cara ao Mediterráneo e o Fin da Guerra

    Liquidada a fronte norte en 1938, Franco decide iniciar o avance sobre o val do Ebro para chegar ao Mediterráneo e romper en dúas a zona republicana, así Cataluña queda illada do centro. En xullo de 1938, o exército republicano inicia a batalla do Ebro, a máis longa e cruenta. Tras as derrotas do exército republicano, Cataluña é ocupada en febreiro de 1939. Madrid e Valencia caen pouco despois, e o 1 de abril, Franco gaña a guerra.

Consecuencias da Guerra

Consecuencias Sociais: Traxedia Demográfica e Social

  • Elevado número de mortos; na fronte, na retagarda, polas represalias (espontáneas ou sistemáticas) nos dous bandos e pola represión institucionalizada na posguerra.
  • Miles de feridos, prisioneiros e exiliados.
  • Derrogación dos logros conseguidos polas mulleres e os traballadores na República.

Consecuencias Económicas: Desastre Económico

  • Abandono dos campos de cultivo.
  • Destrución do tecido industrial.
  • Destrución de infraestruturas, obras públicas, vivendas e poboacións enteiras.
  • Perda de man de obra.
  • Aumento da débeda externa.

Consecuencias Políticas: Illamento Internacional

  • As potencias do Eixo (Alemaña, Italia e Xapón), afíns a Franco, perderon a 2ª Guerra Mundial, illando a España e agravando os seus problemas económicos e sociais.

Consecuencias Culturais: Perda do Capital Cultural

  • Exilio ou falecemento da elite científica, literaria e artística.
  • Censura e imposición dunha cultura oficial.

A Guerra Fría: Conflito Global e Bipolaridade

O período de división mundial bipolar coñécese como Guerra Fría, expresión que alude ao sistema de relacións internacionais baseadas nun estado de tensión permanente e de desconfianza recíproca entre bloques. Esta pugna entre EEUU e a URSS foi ideolóxica, xeopolítica, militar e económica. Nunca culminou nun enfrontamento armado entre as dúas superpotencias, disputaron as áreas de influencia a través de conflitos en terceiros países, dándolles apoio militar e económico.

Os dous bloques difundiron valores que enxalzaban o propio sistema e rexeitaban o do contrario, facendo un uso intenso da propaganda. Ademais, internamente, exerceron un control social e político e reprimiron as opinións críticas, isto foi máis grave no bloque socialista.

As Etapas da Guerra Fría

A Guerra Fría (1948-1953)

Despois do primeiro conflito da Guerra Fría en Berlín e da división de Alemaña en dous Estados – a República Federal Alemá (RFA) e a República Democrática Alemá (RDA) –, EEUU e a URSS mantiveron a súa pugna sen enfrontamentos. A partir de 1949 a tensión desprázase a Asia: os comunistas alcanzaron o poder en China e, entre 1950 e 1953, prodúcese un enfrontamento en Corea, que provoca a división de Corea en dous Estados, e iníciase a carreira armamentística.

A Coexistencia Pacífica (1953-1973)

A finais dos anos cincuenta, unha nova etapa marcada por un clima de distensión. Novos dirixentes, Khrushchev na URSS e Kennedy en EEUU, promoveron maior tolerancia e vontade de entendemento. Asináronse acordos para tratar de controlar a carreira de armamentos: o Tratado de Non-Proliferación Nuclear en 1968 e o SALT (Strategic Arms Limitation Talks) en 1972.

O Camiño cara ao Final da Guerra Fría (1973-1991)

A finais dos anos 70 apareceron novos focos de tensión que revitalizaron a Guerra Fría. Intensificáronse as intervencións militares das potencias en terceiros países, produciuse unha nova escalada armamentística e ambas as potencias despregaron mísiles nucleares en Europa.

O Bloque Capitalista

Estados Unidos: Unha Superpotencia

Na posguerra, EEUU exerceu unha hexemonía económica e política absoluta en Occidente, baseándose no seu potencial económico, o seu poder militar, o seu dominio cultural, o seu modelo de sociedade e nos valores políticos que representaba. O bloque occidental baseou o seu sistema político nestes valores, aínda que nalgúns países apoiaron réximes ditatoriais para evitar a influencia comunista. Os gobernos norteamericanos de posguerra foron conservadores e anticomunistas:

  • O presidente Truman emprendeu unha política que propoñía a intervención estadounidense para frear o poder soviético e a súa influencia en Europa. A chamada doutrina Truman, así EEUU incrementou o número de soldados e bases militares en Europa, especialmente en Turquía e Grecia.
  • Nos anos 50, o senador McCarthy iniciou a chamada caza de bruxas: dura persecución contra os sospeitosos de simpatizar con ideas comunistas. Xerouse un clima de desconfianza en todo o país e producíronse moitas detencións e depuracións.
  • Co presidente Eisenhower consolidouse o conservadurismo, a obsesión por frear o avance comunista e o medo á guerra nuclear. A chegada de Kennedy á presidencia supuxo un cambio na política interior: co seu programa de Nova Fronteira, Kennedy quixo eliminar a segregación da poboación negra e mellorar as condicións sociais dos sectores marxinados da sociedade. En política exterior, tentou rebaixar as tensións e buscou o entendemento coa URSS. A finais dos anos 60 iníciase un período de dominio republicano na administración norteamericana, que volveu ser conservador na política interior. Coa presidencia de Reagan nos anos 80, volveron as tensións da Guerra Fría.

As Democracias Europeas

Europa na posguerra estaba devastada e nunha precaria situación económica. En varios Estados occidentais o partido comunista, fortalecido grazas á súa loita contra o nazismo, conseguiu formar parte de gobernos de coalición. EEUU considerou que esta situación podería favorecer a expansión do comunismo.

A RFA estivo baixo a administración militar ata 1950, para ser potencia económica, pero non exerceu ningunha influencia na política internacional porque llo impediron os países vencedores. Xapón tivo un crecemento económico espectacular a partir dos anos 50, a súa política exterior non foi relevante na Guerra Fría e sempre estivo vinculada ao bloque occidental.

O Plan Marshall

O Bloque Comunista

A primeira reacción soviética ao Plan Marshall foi a creación dunha organización para coordinar os partidos comunistas (Kominform). Baseándose na doutrina Zhdanov, a URSS promoveu a extensión do modelo soviético a outros países coñecidos como “democracias populares”.

Os Conflitos da Guerra Fría

  • Berlín (1948-1961)

    O primeiro conflito. A URSS controlaba o territorio de acceso a Berlín, decretou un bloqueo terrestre da cidade. EEUU respondeu cunha ponte aérea subministrando provisións. En 1961, a RDA levantou un muro que separaba a súa zona en Berlín (este) da controlada polos aliados (oeste) para evitar o éxodo da poboación cara ao sector occidental. Este muro foi símbolo da Guerra Fría ata a súa demolición en 1989.

  • A Guerra Árabe-Israelí (1948-1973)

    En 1947, a ONU dividiu Palestina en dous Estados independentes, un árabe e outro xudeu. Esta resolución contou coa oposición dos países árabes da rexión. En 1948, creouse o Estado de Israel, afín a EEUU, atacado ao día seguinte pola Liga Árabe (Exipto, Siria, Transxordania, Iraq e Líbano) con apoio da URSS. En 1949, asinouse a paz, e as liñas de cesamento do fogo convertéronse nas novas fronteiras. Nos anos seguintes sucedéronse numerosos conflitos nos que Israel ampliou territorio como a crise de Suez (1956), a Guerra dos Seis Días (1967) e a Guerra do Yom Kippur (1973).

  • A Guerra de Indochina (1945-1954)

    Durante a 2ª Guerra Mundial, a colonia francesa de Indochina foi ocupada por Xapón. Coa derrota xaponesa, as forzas nacionalistas e comunistas do Vietminh, liderado por Ho Chi Minh, proclamaron a independencia. Francia non estaba disposta a perder as súas colonias en Indochina e estalou un conflito colonial na Guerra Fría; a URSS e China apoiaron ao Vietminh e EEUU apoiou a Francia.

  • A Guerra de Corea (1950-1953)

    A derrota de Xapón na 2ª Guerra Mundial converteu a Corea en dous territorios divididos polo paralelo 38, tras Yalta (1945): Corea do Norte ocupada pola URSS e Corea do Sur por EEUU. En 1950, libres de ocupación, Corea do Norte invadiu Corea do Sur.

  • A Crise da Canle de Suez (1956)

    En 1956 EEUU negouse a axudar economicamente a Exipto, polo que o presidente Nasser decretou a nacionalización da canle de Suez. Ante a importancia estratéxica desta canle, Francia, Reino Unido e Israel atacaron Exipto e ocuparon a canle e a península do Sinaí. O conflito paralizouse porque a URSS respondeu ameazando con apoiar a Exipto, a ONU condenou a actuación dos tres países e EEUU negouse a intervir no conflito.

  • Cuba: A Crise dos Mísiles (1962)

    As relacións entre EEUU e Cuba deterioráronse desde a revolución castrista, pois as reformas de Castro afectaron os intereses norteamericanos na illa. En 1961, o presidente norteamericano Kennedy financiou unha expedición armada contra Cuba, pero o desembarco na baía de Cochinos foi un fracaso. En 1962 EEUU decretou un embargo das exportacións sobre Cuba e a URSS respondeu aumentando a súa presenza militar, instalando mísiles nucleares na illa.

  • A Guerra de Vietnam (1963-1975)

    En 1960 Vietnam do Norte, partidaria da reunificación, creou a Fronte de Liberación Nacional de Vietnam do Sur, apoiado pola URSS e China. Como reacción EEUU aumentou a súa axuda militar a Vietnam do Sur, ata que en 1964 se decide a participación norteamericana directa.

    EEUU bombardeou masivamente e utilizou armas químicas, sen derrotar á guerrilla comunista, pouco equipada pero máis motivada, que combatía na selva. As dificultades e o rexeitamento social á guerra produciron a firma do Acordo de París (1973), onde EEUU comprometíase a retirarse de Vietnam asumindo a maior derrota militar da súa historia. O conflito durou ata 1975 cando se reunificaron as dúas zonas na República Socialista de Vietnam en 1976.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *