España viviu sometida ó réxime dictatorial de Francisco Franco (un dos militares sublevados o 18 de xullo de 1936) no período comprendido entre o remate da Guerra Civil (1939) e a morte do dictador (1975). O novo réxime político que estableceu Franco a partir de 1939 era un sistema totalitario, sen constitución e sen liberdades democráticas, un Estado no que tódolos poderes se concentraban na figura do xefe de Estado, o xeneral Franco. Francisco Franco, o vencedor na Guerra Civil, impuxo un modelo de Estado que era unha mestura de dictadura militar unipersoal, Estado fascista ou totalitario, nacionalismo autoritario e monarquía absoluta sen reí. Os seus principais trazos ideolóxicos era o autoritarismo, o catolicismo, o antiliberalismo e o anticomunismo.
Un dos trazos máis carácterísticos da dictadura franquista foi o alarde continuo da victoria do bando nacional ou franquista na guerra, non facilitando nunca medidas de perdón e reconciliación cos vencidos. Franco, o Caudillo, era un dictador da época de entreguerras, da mesma etapa na que Mussolini ou Hitler chegaran ó poder. O xeneral foi deseñando un réxime peculiar con importantes coincidencias cos réximes fascistas, sobre todo nos primeiros anos (un líder indiscutible, o Caudillo; unha única forzá política permitida, o Movimiento Nacional, e sindical, o Sindicato Vertical, o control e a uniformización cultural, etc).
O réxime mantívose gracias ó apoio do exército, dos falanxistas e da Igrexa, ademáis da oligarquía terratenente, industrial e financeira, moitos monárquicos e unha importante masa de poboación. Con todos eles Franco manobraba hábilmente impedindo que nunca se discutirá o seu liderato.
O sistema político do franquismo foi denominado polos seus artífices como democracia orgánica, un peculiar sistema que, sen embargo, permitiu bordear as esixencias democratizadoras das organizacións internacionais para que España entrase a formar parte de moitas delas; deste modo, os escasos cambios políticos, institucionais e lexislativos estiveron provocados polas circunstancias internacionais como condición para que o réxime fora recoñecido e aceptado polos países occidentais.
Considérase que o franquismo tivo dúas grandes etapas: a primeira desenvolveuse ata 1959 aproximadamente. Foi a etapa da longa posguerra, caracterizada pola escaseza, a penuria económica, a autarquía e o illamento internacional. Nesta fase intentouse establecer un Estado totalitario (inspirado ata 1945 no modelo fascista). En torno a 1959 producíronse grandes cambios que levaron á segunda etapa, unha nova época, a do “desenvolvemento” e a do intento de institucionalizar un réxime que pretendía facerse pasar por un Estado de Dereito.
Á hora de analizar a oposición antifranquista, de acordó cos documentos propostos, podemos abordar o tema desde o punto de vista cronolóxico (cando se deu e como foi evolucionando entre 1939 e 1975) e desde o punto de vista dos diferentes sectores contrarios ó ditador (os exiliados, a guerrilla, as protestas universitarias, o movemento obreiro, etc).
Se estudiámos o antifranquismo seguindo unha estrutura cronolóxica, podemos diferenciar, básicamente, as seguintes fases:
- A longa posguerra (1939-1959): A pesar de tódolos esforzos das novas autoridades por lograr impor un único pensamento e actuación ós españoís, existiu unha oposición ó réxime que se manifestou case recén acabada a guerra en dous ámbitos: :no exterior (exiliados) e no interior (resistencia guerrilleira e oposición do mundo obreiro). Moito menos significativa foi a protesta dos sectores afíns, dos que colaboraran co alzamento militar, que apoiaron a Franco durante a guerra e que non aceptaron de bo grado a unificación política (sectores da Falanxe, do Carlismo, antigos cedistas e monárquicos). Ademáis da guerrilla, outros focos de oposición antifranquista na posguerra foron os exiliados republicanos (instalados en Franci,a Latinoamérica, a URSS e outros países). Dende o exterior, os exiliados levaron a cabo unha oposición contra a dictadura denunciando públicamente o carácter antidemocrático e represivo do sistema franquista. Sen embargo, nas primeiras décadas da posguerra o principal problema dos exiliados foi a falta de cohesión e de obxectivos comúns entre eles (agás o breve pacto entre os monárquicos e os socialistas, asinado en 1948). Igualmente hai que mencionar que en 1946 e 1951 xurdiron as primeiras protestas obreiras que se deron no réxime franquista, debidas ás malas condicións laboráis derivadas da propia posguerra e da política económica autárquica (especialmente graves foron a folga xeral convocada en 1950 e as protestas en Barcelona en 1951, porque era a primeira vez que baixo o réxime de Franco se producía un movemento de rebeldía contra as autoridades).
- A segunda etapa desenvolvería entre os últimos anos da década de 1940 e a década de 1950. O fin do illamento internacional veu da man do cambio da coxuntura internacional co inicio da Guerra Fría (1947). Franco logrou o recoñecemento internacional do seu réxime, sobre todo a partir de 1953 (Concordato co Vaticano e Pactos cos EEUU). Os cambios políticos a nivel de política exterior viñeron acompañados de cambios na política económica: a liberalización iría deixando atrás a autarquía, traendo un espectacular crecmento económico (Plan de Estabilización de 1959 e Plans de Desenvolvemento nas décadas posteriores), pero tamén diversificando os focos de oposición antifranquista.Aínda que a oposición antifranquista dera os seus primeiros pasos na década anterior, non se organizou e renovou seriamente nos anos seguintes. Ó crecemento da oposición no interior contribuiu en gran medida o gran cambio social que se estaba operando: aparición dunha nova clase obreira nas novas industrias; dunha nova burguésía non relacionada coas orixes do réxime e que demandaba máis democracia; e a oposición intelectual , especialmente na Universidade , e que se fixo máis Tamén xurdiron novos movementos sociais (asociacións de viciños, agrupacións culturáis, grupos relixiosos), que entraron na política de oposición máis ou menos aberta ó réxime.
- Paralelamente ó crecemento económico que se deu a fináis dos anos 50 e décadas posteriores (sobre todo, entre 1960 e 1973), produciuse unha serie de importantes cambios na sociedade española. Pero ó non traer todos estés cambios económicos e sociais un cambio político paralelo, aumentou a oposición antifranuista en diversas frontes (a xa mencionada da Universidade, no mundo laboral, na Igrexa, entre os intelectuais), que reclamaban maiores cotas de liberdade e a apertura do réxime. Por outra banda, en 1959 nace unha nova forma de oposición contra a dictadura, e que aposta directamente polo emprego da violencia: a actividade terrorista de ETA.
- Por último, na década final da dictadura, cun panorama político moi axitado, a ausencia de cambios por parte do réxime e os primeiros efectos negativos derivados da crise económica de 1973, fixeron aumentar a oposición interna ó franquismo. Neste sentido, aumentou a actividade dos sectores contrarios á dictadura xa comentados (universitarios, intelectuais, obreiros, organizacións políticas clandestinas, sectores da Igrexa máis progresistas, organizacións terroristas), xunto á actividade de novos focos contestarios: disidencias políticas dos chamados reformistas ou aperturistas (dende o interior do propio sistema); aparición en 1974 da chamada Uníón Militar Democrática (oficiaias das Forzás Armadas que defendían o apoliticismo do exército e empezan a contactar con representantes da oposición buscando unha reforma democrática do sistema); e, no aspecto máis violento, fundación de novos grupos terroristas (GRAPO e FRAP), que cometerán numerosos atentados xunto ós membros de ETA (esta chegou, incluso, a asasinar ó mesmo presidente do Gobernó e man dereita de Franco, o almirante Carrero Blanco, en 1973), especialmente entre 1974 e 1975. Ó mesmo tempo, e polas mesmas datas, a oposición política do exterior foi reforzando a súa unidade de acción (tal como comentaremos a propósito do último documento).
O Documento 1 é moi indicativo a primeira época ou etapa do movemento antifranquista, centrándose fundamentalmente no tema das guerrillas ou partidas de maquis, ó longo das décadas de 1940 e 1950..
A fase que se considera como de posguerra prolóngase dende o remate da Guerra Civil ata o Plano de Estabilización de 1959. Este longo período caracterizouse polas dificultades económicas (propias dunha posguerra), agravadas polo illamento internacional (como consecuencia da ambigua posición que adoptou España durante a II Guerra Mundial), o exilio ó que se virón obrigados moitos españoís do bando vencido e a represión contra toda discrepancia. Unha vez producida a victoria aliada en 1945 comezaron os peores tempos para o réxime. Os victoriosos aliados declararon que o réxime español era producto do apoio do Eixe, sendo un sistema dictatorial, e que tiña que ser derrubado por medios pacíficos. O maior golpe para Franco foi a no admisión de España na ONU ó tempo que esta recomendaba ós países membros da organización que rompesen as relacións diplomáticas con Madrid (retirada dos embaixadores): a partir de 1946 comezou o cerco ou illamento internacional do franquismo, nun momento no que a oposición ó réxime fíxose crecente. Non só comezaron a recompoñerse as organizacións dos grupos políticos (PSOE, UGT, PCE, CNT), e a formarse algunhas alianzas entre eles, senón que empezou unha nova forma de loita, a dos guerrilleiros ou maquis..Deste xeito, se recrudeceu a loita de guerrillas no interior e no exterior a oposición no exilio abrigou esperanzas de poder restablecer un réxime democrático.
Precisamente, o fenómeno da guerrilla antifranquista é o elemento histórico ó que fai referencia Francisco Rey no presente texto. Algúns grupos e partidos políticos decidiron organiza-la resistencia interior empregando como arma fundamental a loita armada. Son os guerrilleiros, tamén coñecidos como maquis nalgunhas zonas. Nos primeiros momentos da guerra trátase simplemente de “fuxidos” ou escapados ó monte coa idea e a esperanza de que poderían regresar ó cabo duns días ás súas casas, unha vez que o golpe militar estivera controlado (primeiro parágrafo do documento). Pero a evolución dos feitos obrigou a moitos destes fuxidos a converterse en guerrilleiros, organizando unha resistencia que durou ata o inicio da década dos cincuenta. O maquis foi auspiciado, sobre todo, polo Partido Comunista desde Francia. Os anos iniciáis foron de supervivencia, formación e organización, ata que en 1944 reúnense os principais dirixentes para lograr unha unidade de acción, que sen embargo, resultaba moi difícil de levar a cabo pola implacable persecución a que estaban sometidos por parte das forzás de orde pública (especialmente da Garda Civil). No mesmo ano de 1944 levouse a cabo a invasión guerrilleira no Val de Arán (Lleida), que terminou en fracaso. Entre esa data e 1952 a actividade guerrilleira foi moi intensa en Asturias, León , Sistema Ibérico, Andalucía e Galicia (foron aproximadamente 10.000 guerrilleiros). Nas guerrillas tiveron cabida tódalas ideoloxías contrarias ó réxime franquista (tal como se recolle nas tres primeiras liñas) , pero a máis significativa foi a comunista (do PCE procedía o sentido organizativo, a conciencia política e a disciplina). Aínda que os maquis lograron uns obxectivos moi escasos, non foron erradicados definitivamente ata mediados de 1950, causando numerosos enfrontamentos coa Garda Civil e un desgaste constante do réxime. A actividade guerrilleira en Galicia foi moi importante, tanto polo número de maquis como pola súa pervivencia. A partir de 1950, e como consecuencia das consignas chegadas de Francia de que se debía abandona-la resistencia armada e concentra-la actividade na oposición política, a a activade da guerrilla descendeu considerablemente. Incluso despois de 1950 seguían actuando varios guerrilleiros dos máis coñecidos, e que irían caendo nas mans da xustiza franquista: “Foucellas”, “Pancho”, o “Piloto” (o derradeiro guerilleiro abatido en 1965). Tamén caeron moitos cargos da Garda Civil, xefes e oficiáis do exército, xefes locais da Falange, cregos adictos ó réxime, confidentes, etc. Igualmente, os guerrilleiros realizaron sabotaxes a tendidos eléctricos e telefónicos, queimaron casas e facendas de destacados perseguidores, deron golpes de man para lograr fondos económicos, etc. A muller tamén xugou un importante papel na resistencia, non tanto como guerrilleira, senón apoiando na retagarda, pero non por iso con menor perigo, pois as sentencias por colaboración eran tan duras como as dos guerrilleiros (a importancia dos apoios e colaboración por parte da poboación cara os guerrilleiros foi fundamental, tal como se reflicte no segundo parágrafo do documento)
Hai que entender o Documento 2, relativo á oposición nacida na Universidade española, como mostrá dun novo foco de protesta contra a dictadura:non hai que olvidar que, unha das principais consecuencias do desenvolvemento económico español, foi o aumento do número de estudiantes na Universidade a partir de mediados do século XX.
Na Universidade española da década de 1950, un reducido sector de intelectuais, profesores universitarios, denunciaba a falta de lexitimidade do franquismo e defendía a necesidade de volver a un réxime parlamentario. As primeiras manifestacións de protesta en 1956 provocaron a destitución do ministro de Educación Joaquín Ruiz Jiménez, que intentara unha política aperturista e negociadora. Nos anos 1960 a loita centrouse en conseguir un sindicalimo de estudiantes democrático que substituirá ó SEU oficial e un sistema político democrático. Apareceron así distintas organizacións estudiantís (ASU ou Agrupación Socialista Universitaria, FLP ou Frente de Liberación Popular). Era unha nova xeración de xoves que non vivirán a Guerra Civil. A resposta do Gobernó que consideraba as protestas como un problema de orde pública, foi sempre dura (expedientes, detencións, suspensións das clases, peche de Universidades, profesores expulsados como Tierno Galván ou Aranguren). Por outra banda, nos anos seguintes e ata a morte do dictador en 1975, a Universidade continuou a ser un importante foco de mobilización contra o franquismo, ó seguir reivindicándose a liberdade de ideas e a recuperación da democracia. As protestas dos estudiantes intensificaríanse nos últimos anos do réxime a través de folgas, manifestacións e outros tipos de actos, o que levou en numerosas ocasións a que as autoridades ordenaran o peche das facultades máis implicadas.
O Documento 3 fai referencia á oposición das organizacións obreiras á dictadura. Recordemos que outra das principais consecuencias do “desarrollismo” económico español foi a aparición dunha grande masa de obreiros industrias modernos (sobre todo, en Cataluña, Madrid, País Vasco e Asturias). Aínda que, como xa indicamos anteriormente, as primeiras protestas obreiras xurdiron na década de 1950, o potente crecemento da década de 1960 propiciou o nacemento dun novo movemento obreiro, cun sindicalismo de tinte democrático que chocaba co férreo organigrama do Sindicalismo Vertical do Réxime.
O Movemento Obreiro estaba prácticamente desaparecido da escena sindical e política tralo remate da Guerra Civil, pero a partir dos anos sesenta as accións de protesta pasaron a ser algo cotíán. Nos anos cincuenta producíranse as primeiras axitacións e folgas laboráis, sobre todo en Cataluña e no País Vasco. Dos sindicatos anteriores á Guerra Civil, a UXT e a CNT estaban na clandestinidade. Nos primeiros anos 1960 foi nacendo unha nova actividade obreira, aproveitándose dende dentro das posibilidades que o sindicalismo do réxime daba para actuar. Naceron así en 1962 as Comisións Obreiras (CC.OO), un novo sindicato clandestino, e que estaba ligado nuns casos cos comunistas e noutros con grupos católicos, e que pronto lograron importantes éxitos electorais na organización sindical oficial (a táctica foi introducirse e aproveita-las estructuras do sindicato vertical para poder chegar con máis facilidade ós obreiros (tal como sinala Marcelino Camacho no segundo parágrafo do documento). Outros sindicatos novos foron a HOAC, a USO ou o FST. Os anos 1960 presenciaron as primeiras manifestacións masivas nas rúas e un aumento extraordinario da conflictividade laboral. En 1962-1963 producíronse os primeiros conflictos laboráis serios (Asturias, Cataluña e País Vasco). Coas folgas reivindicábanse melloras salaríais, reducción da xornada laboral, solidariedade cos compañeiros detidos ou sancionados. A represión sufrida por líderes, militantes e simpatizantes estimulou a afiliación e a votación nas eleccións sindicáis ós representantes dos sindicatos clandestinos. Para controlar a estés líderes e ás masas obreiras, o réxime puxo en práctica todo tipo de medidas represeivas (presión por parte da patronal, despidos, multas, creación do temido e poderoso Tribunal de Orden Público). A tensión orixinada polas accións dos obreiros levou á declaración do estado de excepción en toda España en varias ocasións. A partir de 1970, a actuación sindical foi cada vez máis significativa e a participación nas eleccións sindicáis de 1971 foi seguida maioritariamente, obtendo CC.OO. Numerosos delegados e multiplicándose por cinco o número de folgas e por dous o número de folguistas. Un fito importante desta protesta obreira, que combinaba reivindicacións proletarias con esixencias de demotratización, marcouno o que se chamou os sucesos de Ferrol (en Marzo de 1972) cando, como resultado do enfrontamento das forzás da orde pública cunha manifestación de varios milleiros de persoas, resultaron feridos máis de vinte traballadores e dous caeron mortos. A reacción oficial e as explicacións da prensa culpaban dos acontecementos ós “inimigos” tradicionais, ós comunistas. As manifestacións de repulsa polos feitos de Ferrol estendéronse por toda Galicia. As folgas, auténticas folgas políticas e mesmo revolucionarias, contribuíron poderosamente ó desprestixio e desgaste do réxime. Deste xeito, nos últimos anos de Franco aumentaría aínda máis a presión do novo obrerismo, que reclamaba liberdade sindical e o dereito de folga. Coa aparición das primeiras consecuencias da crise do petróleo de 1973, aumentaría o descontento dos traballadores. A resposta do réxime, igual que ante outros focos contrarios ó franquismo, foi a represión: nese sentido, non hai que olvida-lo chamado “Proceso 1.001”, en 1973, un xuízo durísimo contra os principais dirixentes de Comisións Obreiras (incluido o propio Camacho) , e que impuxo ós acusados longuísimas penas de cadea.
En canto ó Documento 4 , este representa o papel das forzás políticas opostas ó franquismo, tanto dende a clandestinidade do interior, como dende os grupos do exilio. Recordemos, en primeiro lugar, que debido á profunda represión franquista durante a posguerra, a oposición interior quedou duramente afectada e tardou tempo en refacerse. A dictadura franquista causou milleiros de víctimas e penalidades inmensas ós supervivientes. O réxime aprobou as chamadas Leí de Responsabilidades Políticas (1939) e a Leí de Represión do Comunismo e a Masonería para castigar e controlar ós inimigos da dictadura. Posteriormente, en 1963, crearíase o TOP (Tribunlal de Orde Pública), para continua-la dita política represiva. Sen embargo, a oposición democrática iría reorganizándose, pouco a pouco, sobre todo desde os tempos fináis da II Guerra Mundial. Na posguerra comezarían a recompoñerse as organizacións dos vencidos en 1939 (PSOE, UXT, PCE, CNT). O labor dos republicanos exiliados manifestouse en varias frontes: dende o exilio, os republicanos levaron a cabo unha oposición política contra Franco a través de manifestacións públicas en prensa e radio ou denunciando a falta de liberdades no réxime español.
Sen embargo, a situación entre os partidos e grupos políticos da oposición exterior e que participaran na guerra contra o bando sublevado, era bastante complexa, pola falta de cohesión e obxectivos comúns entre eles (diferencias entre os comunistas, socialistas, anarquistas e monárquicos). Os comunistas vivían vívían momentos de tensión pola xefatura do Partido, da que saíu vencedora Dolores Ibárruri, Pasionaria. Entre os anarquistas, uns mostrábanse partidarios do comunismo libertario e outros estaban dispostos a chegar a un acordó cos monárquicos para acabar co réxime de Franco. Os monárquicos, ben vistos polas potencias occidentais, parecían ter máis posibilidades de éxito; ante a negativa de Franco de restablece-la Monarquía, nun intento por busca-los máximos apoios posibles, os monárquicos suscribiron un pacto cos socialistas (Pacto de San Xoán de Luz, 1948), que acabaría rompéndose pouco despois.
Nos anos 60, por outra banda, tamén reorganizouse a oposición política ó franquismo. Os vellos partidos obreiros, como o PCE e o PSOE , tiveron unha importante actividade clandestina, a pesar da forte represión que sufriron algúns dos seus líderes e o encarceramento de moitos dos seus militantes. A principal aportación dos comunistas foi a de imprimir á loita antifranquista un novo enfoque, máis activo e incisivo, no que tiveron un destacado papel figuras como Santiago Carrillo. O PSOE tivo unha actividade menos intensa que o PCE. Ademáis, trala morte do seu dirixente Indalecio Prieto en 1962, tivo problemas de dirección e de liderato entre os socialistas históricos do exilio e os renovados do interior. Estés últimos conseguiron a dirección do partido, cando en 1974 Felipe González fora elexido Secretario Xeral do PSOE. Xunto a estés partidos clásicos apareceron grupos novos, agrupando a monárquicos liberáis (Uníón Española), socialdemócratas, demócratas cristiáns, ou grupos de estrema esquerda (ORT, LCR, MC). No período final do franquismo empezaron tamén a moverse partidos e grupos nacionalistas rexionais naqueles lugares onde existía unha tradición anterior á Guerra Civil: o PNV en Euskadi, ERC e Convergencia Democrática de Catalunya.
Os feitos máis significativos da oposición política desta etapa foron: o chamado o “contubernio de Múnich”. (reuníón no exterior das principais organizacións antifranquistas en 1962, reclamando a democracia para España); e os procesos de unidade posteriores entre ditas forzás opositoras. Precisamente a estés feitos fai referencia o último documento desta composición. Entre 1970 e 1975, os partidos e forzás políticas contrarias á dictadura reforzaron a súa unidade co obxectivo de conseguir para España unhas institucións democráticas semellantes ás da Europa occidental. Así, en 1974 naceu en París (por iniciativa do líder comunista Carrillo), a Xunta Democrática (tal como se recolle no Documento 4).
No seu programa quedan recollidas as principais reivindicacións das forzás políticas antifranquistas (un proceso de democratización, que trouxera para o noso país un sistema pluripartidista, laico ou aconfesional, con amplas liberdades e dereitos para a poboación, cun modelo territorial descentralizado, e cun exército que non intervise nas actividades políticas da nacíón). Ó ano seguinte da Xunta Democrática, fundouse a Plataforma de Converxencia Democrática (liderada polo PSOE), tamén co obxectivo de recupera-las liberdades políticas para España. Ámbalas dúas organizacións decidirían, en outubro de 1975 (un mes antes da morte de Franco), fusionarse na chamada “Plataxunta”, para reforzá-la súa reivindicación dun auténtico sistema democrático e o inicio dun proceso constituínte (o que se convertiría no proxecto da denominada “ruptura democrática” nos inicios da transición, fronte o modelo de reforma ou cambio desde o mesmo sistema vixente).
O balance final do franquismo viuse coa morte do dictador en 1975: remataba así a dictadura máis longa na historia de España, ó tempo que se emprendeu o camiño cara á recuperación das liberdades perdidas en 1936. É indudable que as forzás de oposición antifranquista tiveron un papel importante como factor de de desgaste e erosión na dictadura (xunto a outros de tipo económico e de política exterior), así como de concienciación entre unha poboación en gran medida a favor dun proceso democratizador trala desaparición do xeneral Franco.
