Historia de España no Século XIX: De Isabel II á Restauración Borbónica

A consolidación liberal (1833-1874)

1.1. A época isabelina (1833-1868)

  • Isabel II consegue o trono con tan só tres anos.
  • Establécense dúas rexencias: María Cristina (1833-1840), a súa nai, e o xeneral Espartero (1840-1843).
  • Desencadeouse a Primeira Guerra Carlista polos conflitos de sucesión ao trono (1833-1839).

1.1.1. A guerra carlista (1833-1839)

  • Enfrontou aos carlistas (absolutistas e partidarios de Carlos María Isidro) contra os liberais (defensores de Isabel II).
  • Esta guerra remata coa vitoria liberal e o Abrazo de Vergara (1839).
  • Distínguense tres guerras: 1ª (1833-1840), 2ª (1846-1849) e 3ª (1872-1876).

1.2. O reinado de Isabel II

  • Consolídase o réxime liberal, pero este presenta unha gran inestabilidade política.
  • Existe unha alternancia no poder entre os partidos liberais:
    • Moderados: Son apoiados pola alta burguesía, oficiais do exército e altos cargos da clase media.
    • Progresistas: Son apoiados polas clases medias urbanas (pequenos comerciantes).

1.2.1. Etapas políticas do reinado

  • Década Moderada (1844-1854): Impúxose a Constitución de 1845.
  • Bienio Progresista (1854-1856): Redactouse a Constitución de 1856, pero non se chegou a publicar.
  • Últimos anos (1856-1868): Alternancia no poder entre os liberais e o novo partido, a Unión Liberal.

Nesta etapa aparecen dous grupos novos:

  • Demócratas: Defensores do sufraxio.
  • Republicanos: Pensadores contrarios á monarquía.

Pacto de Ostende (1866): Acordo entre progresistas, demócratas, republicanos e a Unión Liberal. O seu obxectivo era derrotar a Isabel II e convocar unhas Cortes constituíntes por sufraxio universal masculino.

1.3. O Sexenio Revolucionario

  • Revolución de 1868 («A Gloriosa»): Provocou o destronamento da raíña.
  • Goberno provisional: Elaborou a Constitución de 1869 (moi democrática), que:
    • Recoñece liberdades de expresión, prensa, reunión e asociación.
    • Establece a soberanía nacional e a división de poderes.
    • Introduce o sufraxio universal masculino.
  • Monarquía democrática (1871-1873):
    • Reinado do italiano Amadeo de Savoia, escollido polo goberno.
    • Forte oposición política e conflitos militares.
    • Abdicou en 1873, dando paso á I República.
  • Primeira República (1873-1874):
    • Presidentes: Figueras, Pi i Margall, Salmerón e Castelar.
    • Creación da constitución «Non Nata» de 1873.
    • Grande instabilidade política e división entre republicanos unionistas e federalistas.
    • Conflitos: Guerra Carlista, Guerra de Cuba e insurrección cantonal.

Este período remata cando a situación de crise axuda á Restauración da monarquía borbónica en 1874.

2. A Restauración Borbónica

2.1. Características xerais

  • Restáurase a monarquía en España coa chegada ao trono de Alfonso XII, fillo de Isabel II (1875-1885).
  • Foi posible a través de dous feitos:
    • A actuación política de Antonio Cánovas del Castillo (líder do Partido Conservador) e Práxedes Mateo Sagasta (líder do Partido Liberal).
    • O pronunciamento militar do xeneral Martínez Campos en Sagunto (1874), que proclamou a Alfonso XII como rei.

2.2. O funcionamento do sistema político

O sistema político da Restauración buscaba, sobre todo, a estabilidade para evitar os golpes de Estado e conflitos políticos habituais no século XIX.

2.2.1. Constitución de 1876

  • Constitución moderada e flexible, pensada para conservadores e liberais.
  • Permitía gobernar a distintos partidos sen cambiar a carta magna.
  • Establecía: Soberanía compartida entre o rei e as Cortes; o rei tiña moito poder (nomeaba gobernos e disolvía as Cortes); o sufraxio foi evolucionando de restrinxido a universal masculino.

2.2.2. O «turnismo» político

Consistía na alternancia pacífica no poder de dous partidos:

  • O Partido Conservador, liderado por Cánovas del Castillo.
  • O Partido Liberal, dirixido por Práxedes Mateo Sagasta.

Cando un partido se desgastaba, o rei chamaba ao outro para formar goberno e convocábanse eleccións amañadas (fraude electoral).

2.2.3. O fraude electoral e o caciquismo

As eleccións manipulábanse mediante:

  • Fraude electoral: Falsear e manipular resultados.
  • Alteración do censo: Votos de persoas falecidas ou inexistentes (pucherazo).
  • Caciquismo: Persoas con poder económico e social nas zonas rurais que controlaban o voto mediante presións ou favores.

2.3. Os problemas interiores políticos

A Restauración tivo numerosos problemas internos. Na oposición ao turnismo encontrábanse os republicanos, carlistas e socialistas, que rexeitaban o sistema electoral e a Constitución de 1876.

3. O imperialismo do século XIX

A partir de 1870, a expansión colonial europea intensifícase cara a África, Asia e o Pacífico. Diferénciase do colonialismo anterior porque implica un dominio político, militar e económico total.

3.1. Causas do imperialismo

  • Políticas: Prestixio internacional e control de rutas comerciais clave.
  • Demográficas: Territorios para enviar o exceso de poboación e reducir o paro.
  • Económicas: Control de rutas, novos mercados para a produción, man de obra barata e materias primas.
  • Ideolóxicas: Darwinismo social (superioridade racial), labor civilizadora e paternalismo moral.
  • Outras: Interese polo coñecemento científico.

3.2. Consecuencias xerais

Xorde un novo capitalismo, prodúcese un cambio demográfico co crecemento urbano e intensifícanse os movementos migratorios (éxodo rural).

3.2.1. Consecuencias sociais da Segunda Revolución Industrial

  • Crecemento demográfico (1870-1914): A poboación europea pasou de 300 a 440 millóns grazas a melloras na hixiene e medicina.
  • Urbanización: As cidades melloran servizos como sumidoiros, pavimentación, recollida de lixo e iluminación eléctrica.
  • Emigración ao exterior: Favorecida polo transporte barato cara a Estados Unidos, América Latina e Australia.

3.3. Formas de dominio colonial

Potencias destacadas: Reino Unido e Francia, seguidas de Alemaña, Bélxica, Italia, España, Rusia, EEUU e Xapón.

  • Concesións: Vantaxes comerciais en países independentes (ex. China).
  • Protectorados: Goberno indíxena baixo control exterior en política e exército (ex. India, Exipto).
  • Colonias: Soberanía directa da metrópole. Poden ser de posición (estratéxicas), de poboamento (autogoberno para europeos) ou de explotación (recursos).

4. Conceptos clave

  • 4.1. Carlismo: Movemento que defendía a monarquía tradicional e o catolicismo, apoiando a Carlos María Isidro.
  • 4.2. Desamortización: Expropiación de terras da Igrexa e concellos para vendelas en poxa pública.
  • 4.3. Lei Sálica: Norma que prohibía o acceso das mulleres ao trono.
  • 4.4. Pragmática Sanción: Lei de Fernando VII que anulou a Lei Sálica para que Isabel II puidese reinar.
  • 4.5. Pronunciamento: Levantamento militar para cambiar un goberno.
  • 4.6. Pacto de Ostende: Acordo de 1866 para derrocar a Isabel II.
  • 4.7. Revolución Gloriosa: Levantamento de 1868 que iniciou o Sexenio.
  • 4.8. Lei Xeral de Ferrocarrís (1855): Impulso á rede ferroviaria e ao desenvolvemento económico.
  • 4.9. Manifesto de Sandhurst: Documento de Alfonso XII defendendo a monarquía constitucional.
  • 4.10. Turnismo: Alternancia pactada entre Conservadores e Liberais.
  • 4.11. Pucherazo: Fraude electoral mediante a manipulación de votos.
  • 4.12. Caciquismo: Control político local exercido por persoas influentes.
  • 4.13. Abrazo de Vergara: Pacto de paz de 1839 que puxo fin á Primeira Guerra Carlista no norte.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *