Segunda Guerra Mundial causas, consecuencia, conflito

1. As causas da guerra

As causas inmediatas da Segunda Guerra Mundial están relacionadas cos problemas q deixou o Tratado d Versayes e coa crise económica d 1929, q favoreceu o ascenso d movementos autoritarios e nacionalistas en Europa. O nazismo baseouse na idea duna raza aria superior e na necesidade d conquistar 1 espazo vital q garantise o dominio alemán sobre o continente. A partir desta ideoloxia, Alemaña iniciou 1a política exterior agresiva q incluiu a ocupación d diversos territorios europeos antes d 1939. A invasión d Polonia o 1 d setembro dese ano provocou q Reino Unido e Francia declarasen a guerra.

As democracias occidentais, especialmente Reino Unido e Francia, adoptaron 1a política d apazamento q buscaba evitar 1 novo conflito, aceptando parte das demandas territoriais d itler. Esta estratexia resultou 1 erro, xa q permitiu q Alemaña continuase coa sua expansión ata desencadear a guerra.

2. A política de paz e o imperialismo xaponés

A política de paz defendida por Chamberlain pretendía evitar un enfrontamento directo con Alemaña, aceptando concesións como a ocupación dos Sudetes. Con todo, Alemaña continuou avanzando e ocupou o resto de Checoslovaquia, demostrando que a paz negociada era imposible. O fracaso definitivo chegou coa invasión de Polonia en 1939.

Ao mesmo tempo, Xapón consolidábase como unha potencia imperialista en Asía. Buscaba expandirse para obter recursos naturais e novos mercados. A ocupación de Manchuria en 1931 e a invasión do norte de China en 1937 foron pasos fundamentáis. Durante a ocupación de Nanking producíronse masacres e atrocidades contra a poboación civil. En 1941, o ataque a Pearl Harbor provocou a entrada dos Estados Unidos na guerra.

3. A ofensiva nazi

A guerra comezou coa invasión de Polonia mediante unha estratexia militar rápida e contundente coñecida como guerra lóstrego ou blitzkrieg. Tras conquistar Polonia, Alemaña avanzou cara ao norte e ao oeste, ocupando Dinamarca, Noruega, os Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e Francia. En Francia instalouse un gobernó colaboracionista mentres o norte quedaba baixo control alemán.

En 1941, Alemaña rompeu o pacto de non agresión coa Uníón Soviética e iniciou unha invasión masiva cara ao leste. A ofensiva avanzou rápidamente, pero o inverno e a resistencia soviética frearon o avance alemán. Italia e Xapón uníronse a Alemaña formando o Eixo, mentres Reino Unido, Francia, Estados Unidos e a URSS formaron o bloque aliado.


4. Da batalla de Inglaterra a Stalingrado

A partir de 1941, Alemaña atacou a Uníón Soviética e iniciou o asedio de cidades como Leningrado, onde a poboación sufriu fame, frío e bombardeos durante meses. A batalla de Stalingrado converteuse nun punto de inflexión: a cidade quedou prácticamente destruída e as perdas humanas foron enormes, pero a resistencia soviética conseguiu deter e derrotar ás tropas alemás. Esta derrota marcou o inicio do retroceso alemán.

Ao mesmo tempo, Xapón atacou Pearl Harbor, o que provocou a entrada dos Estados Unidos na guerra. A partir dese momento, o conflito converteuse nunha Guerra Mundial que se estendeu polo Pacífico, Asía, Europa e África.

5. A Europa nazi

Durante a ocupación nazi de Europa implantouse unha nova orde baseada na explotación económica, na represión política e na persecución racial. Os territorios ocupados eran obrigados a fornecer recursos, alimentos e man de obra para o esforzó de guerra alemán. Millóns de persoas foron deportadas para traballar en condicións extremas.

A política racial nazi levou á persecución sistemática de xudeus, xitanos, persoas con discapacidade, homosexuais e outros grupos considerados “inferiores”. A partir de 1942 púxose en marcha a chamada “solución final”, un plan de exterminio masivo.

6. Os campos de concentración e exterminio

O primeiro campo, Dachau, foi creado en 1933 para presos políticos. Co tempo, o sistema ampliouse e diversificouse. En 1942 comezaron a funcionar os campos de exterminio, onde se levou a cabo o asasinato industrializado de millóns de persoas. As condicións de vida eran infrahumanas: fame, frío, enfermidades, violencia e traballos forzados que provocaban a morte de miles de prisioneiros cada día.

7. Actitudes da poboación ante a ocupación nazi

As reaccións da poboación europea foron diversas. En moitos lugares houbo colaboración, xa fose por convicción, medo ou interese persoal. En Francia, o réxime de Vichy colaborou activamente coas autoridades alemás. Noutros lugares, como nos Países Baixos, desenvolveuse unha resistencia civil activa que incluíu esconder persoas perseguidas, falsificar documentos e organizar redes clandestinas. A historia de Anne Frank é un exemplo desta resistencia.


8. Avance e vitoria dos aliados

A partir de 1942, os aliados comezaron a recuperar territorios. Primeiro avanzaron desde o norte de África cara a Italia, e posteriormente abriron unha nova fronte en Francia co desembarco de Normandía en 1944. A liberación de París e o avance cara a Alemaña aceleraron o final da guerra en Europa, que chegou en maio de 1945 coa rendición alemá.

As mulleres tiveron un papel fundamental durante o conflito, especialmente nos países aliados, onde traballaron en fábricas e industrias mentres os homes estaban no fronte.

9. A caída de Berlín e o final da guerra

A Uníón Soviética avanzou cara a Berlín, destruída polos bombardeos e os combates. A cidade caeu en Abril de 1945, o que marcou o derrubamento definitivo do réxime nazi. No Pacífico, a guerra continuou ata Agosto de 1945, cando Estados Unidos lanzou dúas bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki. Xapón rendeúse pouco despois, poñendo fin á Segunda Guerra Mundial.

10. As consecuencias da guerra

A guerra deixou millóns de mortos, cidades destruídas e economías arruinadas. O descubrimento dos campos de exterminio revelou a magnitude do horror e obrigou ao mundo a reflexionar sobre os límites da barbarie humana. Europa tivo que reconstruírse nun contexto de crise moral, económica e social.

11. As conferencias de paz e a creación da ONU

Tras a guerra celebráronse conferencias nas que se reorganizou o mapa europeo, redistribuíronse territorios e estableceron novas fronteiras. Alemaña foi dividida en zonas de ocupación e posteriormente en dous estados. Ademáis, creouse a Organización das Nacíóns Unidas, destinada a promover a paz, a cooperación internacional e a prevención de novos conflitos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *