I. Orixe e causas da guerra
Entre as causas da guerra pódense sinalar as seguintes:
- 1) Crise económica dos anos 30 (1929-30) co ascenso dos fascismos.
- 2) O fracaso da Sociedade de Nacións (SdN), das conferencias de desarme e do Tratado de Versalles. Entre os anos 1929-35, teñen lugar o inicio das accións agresivas ligadas ao expansionismo dos estados totalitarios (Xapón, Alemaña e Italia) que a SdN non puido parar.
- 3) O expansionismo xaponés por China e o sueste asiático. Ocupación de Manchuria (China, en 1931).
- 4) 1933: Hitler reimplanta o servizo militar obrigatorio. Rearmamento. Intento de reunificación (Anschluss) con Austria que fracasa. Hitler quere crear o III Reich (3º Imperio).
- 5) 1935: Mussolini ocupa Etiopía partindo das súas colonias (Somalia e Eritrea).
- 6) Nesta primeira metade dos anos 30, Francia e Gran Bretaña transixen para manter o equilibrio europeo.
- 7) 1936: Alemaña e Italia crean o Eixe Berlín-Roma. Con ideoloxía anticomunista e ambicións territoriais, únense participando na Guerra Civil Española apoiando ao bando franquista. A República española, ante a inhibición de Francia e Inglaterra, só foi apoiada pola Unión Soviética.
- 8) 1937: Eixe Roma-Berlín-Toquio co Pacto Antikomintern entre Italia, Alemaña e Xapón. Preténdese xustificar o expansionismo totalitario como freo ao avance comunista.
- 9) Gran Bretaña e Francia tratan de evitar a guerra en Europa transixindo co expansionismo fascista.
- 10) EE. UU. e a URSS, en principio, mantiveron a súa política de illamento. Pero Stalin firma con Hitler en agosto de 1939 o Pacto Xermano-Soviético. Os dous querían gañar tempo: Alemaña podía centrarse na fronte occidental e a URSS podía gañar territorios e reforzarse, pois sabía que sería atacada por Alemaña.
II. As agresións alemás
Entre 1936 e 1939 as potencias de orientación totalitaria aceleraron a posta en práctica dos seus proxectos expansionistas:
- Xapón ocupa China en 1937.
- Italia invade Albania en 1939.
- Alemaña quere recuperar o «espazo alemán» e reunir a todos os alemáns no Terceiro Reich. Para isto tiña que incorporar o Sarre, Renania, Austria e os Sudetes ao Estado alemán.
- En 1935 integra o Sarre por plebiscito.
- Ocupa coas súas tropas Renania en 1936.
- En 1937 prodúcese o Anschluss (unificación) con Austria.
- En 1938, na Conferencia de Múnic, integra unha parte de Checoslovaquia: os Sudetes.
- Así completou o seu proxecto do «espazo alemán» (reunión de pobos alemáns).
- Inicia a consecución do Lebensraum, ou espazo vital, para resolver os problemas da poboación alemá e as urxencias da súa economía.
- En marzo de 1939 invade Chequia. Eslovaquia pasa a ser un estado satélite de Alemaña.
- Gran Bretaña e Francia cambian a súa política e prometen axudar a Polonia, Romanía e Grecia en caso de agresión alemá ou italiana.
- Hitler asina o Pacto de Aceiro con Italia e o Pacto Xermano-Soviético en 1939.
- O Führer invade Polonia no outono de 1939. Como consecuencia, Gran Bretaña e Francia declaráronlle a guerra a Alemaña.
III. O desenvolvemento da guerra
Innovacións técnicas e táctica militar
- Por parte de Alemaña desenvolveuse a Guerra Relampo (Blitzkrieg): carros de combate apoiados por aviación penetrando por sorpresa e a gran velocidade no territorio inimigo.
- Por parte dos aliados, non estaban preparados para esta ofensiva dos alemáns; soamente coa prolongación da guerra e acumulación de efectivos —pola potencia económica de USA— puideron pasar á ofensiva.
- Houbo innovacións e melloras técnicas: o radar, o sonar, a dirección dos mísiles ou foguetes (V1 e V2), a bomba atómica, o desenvolvemento dos tanques e da aviación co motor a reacción e os portaavións.
IV. As fases da guerra
A) As ofensivas alemás (1939-1941)
- O 1 de setembro de 1939 prodúcese a invasión de Polonia utilizando a técnica Blitzkrieg. Conquistan Polonia en menos dun mes. A URSS invade a parte oriental de Polonia e tamén invade Estonia, Letonia, Lituania e Finlandia.
- Abril de 1940: Invasión de Noruega e Dinamarca polos alemáns para facerse co ferro de Suecia.
- Maio de 1940: Invasión de Bélxica, Países Baixos e Francia. División de Francia (zona ocupada e o Réxime de Vichy de Pétain). Nace a Resistencia Francesa e a figura de Charles de Gaulle. O Reino Unido queda só fronte ao Eixe (Italia, Alemaña, Xapón).
- Verán de 1940 – inicios de 1941: Batalla de Inglaterra e novas frontes en África (Afrika Korps de Rommel) e nos Balcáns (Grecia).
B) A dimensión mundial da guerra (1941-1942)
- a) En xuño de 1941 Alemaña invade a URSS por cereais e petróleo. Van colaborar continxentes doutros estados, destacando o corpo de voluntarios españois, a División Azul.
- b) O 7 de decembro de 1941 Xapón bombardea os USA en Pearl Harbor (illas Hawai). USA e GB declaran a guerra a Xapón. Alemaña e Italia decláranlle a guerra aos USA. Xapón domina o océano Pacífico.
C) A viraxe da guerra (1943-1944)
- a) Entre o verán de 1942 e 1943 Hitler sae derrotado en Stalingrado e Kursk (na URSS). Esta campaña cambia o curso da guerra, pois foi unha das maiores vitorias aliadas que freou o impulso do Eixe. En 1943 os aliados desembarcan en Sicilia e toman Italia salvo o norte. Esta situación levou á destitución e detención de Mussolini.
- b) Os USA contraatacan no Pacífico, nas batallas de Midway e Guadalcanal (Xapón está a punto de invadir Australia).
- c) O acercamento entre USA, RU e a URSS permite os avances aliados: Conferencia de Teherán (Roosevelt, Churchill e Stalin) en novembro de 1943.
D) A derrota do Eixe e fin da guerra (xuño 1944-1945)
- Desembarco de Normandía (xuño de 1944) e avance do Exército Vermello (URSS) no leste. En abril de 1945 prodúcese a toma de Berlín, a rendición incondicional de Alemaña e a detención dos líderes nazis.
- Xapón en 1945 estaba cercado e sen recursos defensivos. O presidente Truman aprobou o uso da bomba atómica (Hiroshima e Nagasaki) en agosto de 1945. Rendición do Xapón en setembro.
