Primeira Guerra Mundial: Ten a súa orixe en 1914, cando un nacionalista serbio mata o herdeiro ao trono austrohúngaro. Nunha reacción en cadea, a maioría dos países entran en conflito, dando lugar á maior guerra ata o momento. Nela tamén participan os EEUU e o Xapón, dándolle unha dimensión mundial. Esta contenda tamén é coñecida como a Gran Guerra ou a Guerra do 14. Remata en 1918 coa caída das potencias centrais.
Imperios Centrais: Eran os bandos enfrontados na Gran Guerra: Alemaña e Austria-Hungría, aos que logo se suman o Imperio Otomán e Bulgaria, loitando contra os Aliados.
Aliados: Serbia, Rusia, Francia, Bélxica, Gran Bretaña e Montenegro, aos que logo se unirán Italia, Xapón, Portugal, Romanía, EEUU e Grecia.
Guerra de Movementos: Foi o inicio da 1ª GM, formando parte das súas catro fases. Os alemáns ocupan rapidamente Bélxica, chegando así ás portas de París. Detivéronos os franceses no Marne. Polo leste, detiveron o ataque ruso e fixeron retroceder os austrohúngaros en Galitzia. En Oriente Medio, os turcos rexeitaron ataques de ingleses e rusos.
Guerra de Posicións ou Trincheiras: Foi a segunda fase da guerra mundial e ocorreu entre 1915 e 1916. Nela, no oeste e en Italia, as frontes de guerra quedaron detidas, construíndo numerosas trincheiras e fortificacións. No mar, os alemáns intentan romper o bloqueo dos Aliados. No leste, os alemáns ocuparon Serbia, Romanía e parte do Imperio Ruso. En Oriente Medio, os turcos conteñen os ingleses e ceden posicións ante os rusos.
Trincheiras: Nova estratexia de combate da época. Estaban protexidas por metralladoras, canóns e aramados que anulaban as ofensivas, o que obrigou a buscar novos medios para vencer, como o emprego de ataques masivos, gases asfixiantes e fortificacións.
Tratado de Versalles: Son as condicións de paz asinadas en 1919 máis significativas, onde se establecía que Alemaña era a principal responsable da guerra e tiña que pagar cuantiosas indemnizacións polos danos causados. Ademais, debía suprimir o servizo militar obrigatorio e desarmar o exército, ceder os seus territorios aos inimigos e perder as súas colonias. Asinaron o tratado, pero nunca o aceptaron.
Sociedade de Nacións: Idea do presidente Wilson dos EEUU para evitar a guerra e velar pola paz no mundo. Estivo constituída polos países vencedores e neitrais nun principio, pero logo uníronse Alemaña e a Unión Soviética, que inicialmente estaban excluídas. A pesar de que os EEUU tiveron a idea, non participaron nela. Durante os anos 1920 e 1930 evitaron conflitos menores, pero coa chegada das grandes potencias resultou ineficaz.
A Revolución Rusa
Soviets: Consellos obreiros creados polas organizacións de esquerdas, formados por delegados de fábricas, sindicatos e partidos obreiros, soldados e campesiños da revolución desde o comezo das protestas.
Bolxeviques: Socialistas marxistas revolucionarios ou comunistas dirixidos por Lenin, que defendían a consigna de «paz, terra e todo o poder para os soviets». Querían poñer fin á guerra, confiscar toda a propiedade privada para que pasase a ser do Estado e converter os soviets na única autoridade, eliminando o goberno provisional.
Tratado de Brest-Litovsk: Tratado que Lenin tivo que asinar para acadar a paz con Alemaña tras o seu avance. Nel, Rusia obtiña a paz a cambio de grandes perdas territoriais.
O Período de Entreguerras e Totalitarismos
Fascismo: Foi creado por Benito Mussolini en 1919 en Italia. É unha ideoloxía totalitaria que aspira a exercer un control absoluto sobre a sociedade e os individuos, buscando a creación dun novo sistema político e novos valores para as masas populares.
Marcha sobre Roma: Foi un movemento por parte de Mussolini para forzar o establecemento dun goberno dirixido por el, contando co apoio das autoridades, empresarios e terratenentes.
Eixe Berlín-Roma-Tokio: Alianzas formadas entre as tres potencias máis destacadas da guerra: o nazismo, o fascismo e o Xapón, aliados que se reforzan durante o conflito.
Gran Depresión: Foron as consecuencias do crac da Bolsa de Nova York do 24 de outubro de 1929. Estableceuse ao longo dos anos trinta, onde moitas empresas foron á quebra e houbo unha alta taxa de suicidios.
New Deal: Programa establecido polo presidente Roosevelt en 1932 para acabar coa Gran Depresión. Conxunto de reformas coas que, seguindo as ideas de Keynes, se trata de restaurar a confianza no sistema, reducir o desemprego e favorecer o consumo dos traballadores.
Nazismo: Creación de Adolf Hitler; comparte ideas co fascismo italiano pero engade dúas grandes matizacións: o racismo, defendendo a superioridade da raza aria fronte aos demais pobos e o antisemitismo, e o espazo vital, en consonancia coa grandeza alemá e o aumento da súa posición mediante novos territorios.
Antisemitismo: Odio aos xudeus, aos cales consideraban como unha raza inferior.
A Segunda Guerra Mundial (1939-1945)
Segunda Guerra Mundial: Tivo lugar entre 1939 e 1945. Foi a maior guerra de todos os tempos, tanto polo número de vítimas como polo volume das destrucións e todos os territorios que se viron afectados.
Aliados (2ª GM): Eran os Estados Unidos, Gran Bretaña, China e a Unión Soviética os que formaban o grupo dos Aliados, que loitaba contra o Eixe.
Partisanos: Refírese aos combatentes organizados como guerrillas que xeralmente se opoñían a un exército de ocupación; asóciase esta denominación a organizacións clandestinas de resistencia na Segunda Guerra Mundial.
Campos de concentración: Foron a ferramenta de tortura e de terror da política nazi entre 1933 e 1945. Creáronse máis de 30.000 campos que ocuparon o extenso conxunto de prisións ao longo de toda a Europa ocupada. Os máis importantes son os de Dachau, Mauthausen e os arredores de Berlín.
Campos de exterminio: Creáronse coa única finalidade de levar a cabo, da maneira máis eficaz posible, o asasinato masivo de seres humanos. Estes campos representaron a industrialización da morte ocorrida durante a 2ª GM.
O Final da Guerra e a Nova Orde Mundial
Conferencia de Ialta: Reunión entre os tres líderes das potencias: Stalin (da URSS), Churchill (Gran Bretaña) e Roosevelt (EEUU) antes de que a 2ª GM acabase. Nela decidiuse a repartición de territorios tras a guerra.
Conferencia de Potsdam: Reunión levada a cabo en Alemaña (Potsdam) entre o 17 de xullo e o 2 de agosto de 1945.
O.N.U.: Organización das Nacións Unidas, creada para manter a paz e a seguridade internacional.