Glosario histórico de la España del siglo XIX: afrancesados, caciquismo y pronunciamientos

Glosario de termos históricos

Afrancesados

Afrancesados: Término utilizado para designar aos españois que defendían as ideas da Revolución Francesa e apoiaban ao goberno de Xosé Bonaparte (1808–1813). Logo do regreso de Fernando VII e ante a restauración do absolutismo, tiveron que abandonar España como exiliados políticos.

Abdicacións de Baiona

Abdicacións de Baiona: Nome polo que se coñecen as renuncias sucesivas dos reis Carlos IV e do seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte. Tiveron lugar nesta cidade francesa o 5 de maio de 1808. Posteriormente Napoleón cedeu a coroa española ao seu irmán, que reinou co nome de Xosé I ata finais de 1813.

Caciquismo

Caciquismo: Termo que define a vida política durante os anos da Restauración borbónica (1874–1931). O cacique era o representante local dun dos partidos da quenda. A súa misión consistía na manipulación electoral para obter resultados favorables ao seu partido. Controlaba a vida económica e administrativa da súa localidade.

Cantonalismo

Cantonalismo: Movemento político español xurdido en 1873 en numerosos puntos de España (especialmente en Andalucía e o Levante) durante a Iª República, que era partidario dun federalismo de carácter radical baseado na democracia directa, na autonomía municipal e na demanda de profundas reformas sociais. Destacou a proclamación do cantón de Cartagena.

Encasillado

Encasillado: Práctica política característica do período da Restauración borbónica (1875–1923). Neste proceso o ministro de Gobernación preparaba o encasillado, que consistía nunha operación na que colocaba na casilla ou cadrícula correspondente a cada distrito electoral os nomes dos candidatos (ministeriais e da oposición) que o Goberno designaba para ser elixidos. Para obter os resultados desexados empregábanse diversos procedementos, como o falseamento de papeletas, a coacción e a compra de votos.

Tratado de Valençay

Tratado de Valençay: Acordo asinado na localidade francesa do mesmo nome en decembro de 1813, entre representantes de Napoleón e de Fernando VII. O emperador francés ofrecíalle a paz e recoñeceu a Fernando VII como rei de España, como consecuencia da derrota francesa na Guerra de Independencia.

Manifesto de Sandhurst

Manifesto de Sandhurst: Documento de carácter político redactado por Cánovas e asinado o 1 de decembro de 1874 polo príncipe Alfonso de Borbón (futuro Alfonso XII), entón estudante na academia militar inglesa de Sandhurst. Este manifesto recollía as ideas básicas do pensamento de Cánovas e, en definitiva, do sistema da Restauración: monarquía constitucional doutrinaria, soberanía compartida, bipartidismo, etc.

Unión Liberal

Unión Liberal: Partido político fundado por Leopoldo O’Donnell. A orixe do partido remóntase ao Bienio Progresista (1854–1856). Ideoloxicamente corresponde a un partido de centro, entre progresistas e moderados. Defendía a monarquía isabelina, a soberanía compartida, a administración centralizada e liberdades limitadas. Apostaba por unha política económica baseada en fortes investimentos públicos.

Pucheirazo

Pucheirazo: Método de manipulación electoral usado principalmente durante o período da Restauración borbónica en España (1874–1923) para permitir a alternancia pactada previamente entre o Partido Liberal e o Partido Conservador, é dicir, o turnismo ou quenda pacífica. Era unha práctica frecuente, sobre todo nas zonas rurais e nas cidades pequenas. Empregábanse diversos procedementos, entre os que cabe destacar:

  • Engadir ou substraer papeletas da urna electoral;
  • Incluir votos de persoas defuntas;
  • Coacción e compra de votos.

Pronunciamento

Pronunciamento: Termo que naceu no século XIX en España para designar un acto de sublevación dun mando militar que, valéndose das súas tropas e ás veces co apoio de sectores civís, pretende un cambio de goberno ou de réxime político. O pronunciamento militar do século XIX segue unhas pautas: conspiración militar e civil, preparación e manifesto ou programa no que se recollen as súas demandas. No século XIX houbo numerosos pronunciamentos de diferente signo político.

Pragmática Sanción de 1830

Pragmática Sanción de 1830: A Pragmática Sanción de 1830 aprobada por Fernando VII promulgaba unha pragmática anterior de 1789 que o rei Carlos IV non chegara a asinar. A Pragmática Sanción anulaba a Lei Sálica e restablecía o sistema tradicional de sucesión de Castela, segundo o cal as mulleres podían reinar se non tiñan irmáns varóns. Con esta lei Fernando VII pretendía legar o trono á súa filla Isabel.

Ludismo

Ludismo: Denomínase así á primeira forma de loita vinculada ao movemento obreiro que se caracterizou pola oposición dos traballadores á introdución das máquinas no proceso produtivo. Consistía na destrución das máquinas polos obreiros, consideradas, de forma simplista, como as culpables da perda do traballo e da explotación e miseria na que vivían. A primeira manifestación de ludismo en España tivo lugar en Alcoi no ano 1821.

Manifesto dos Persas

Manifesto dos Persas: Documento asinado por 69 deputados absolutistas das Cortes españolas o 12 de abril de 1814, no que pedían ao rei Fernando VII a supresión da Constitución de Cádiz de 1812 así como a anulación de todos os decretos reformistas aprobados nas Cortes. Buscaban a volta ao Antigo Réxime absolutista. Fernando VII aceptou este manifesto e asinou o decreto do 4 de maio de 1814 polo que anulaba toda a obra lexislativa de Cádiz.

Sufraxio censitario e universal

Sufraxio censitario e universal: Sufraxio censitario: sistema electoral que restrinxe o dereito a exercer o voto e a ser elixido como representante dos cidadáns a un grupo reducido que debe reunir unha serie de requisitos: nivel económico e de instrución. Sufraxio universal: sistema electoral que permite o dereito a exercer o voto a toda a poboación maior de idade dun Estado, independentemente do seu sexo, raza, crenzas ou condición social. O sufraxio universal, incluíndo as mulleres, aprobouse na Segunda República, en 1931.

Encasillado (segunda definición)

Encasillado: Práctica política característica do período da Restauración borbónica (1875–1923). Neste proceso o ministro de Gobernación preparaba o encasillado, que consistía nunha operación na que colocaba na casilla ou cadrícula correspondente a cada distrito electoral os nomes dos candidatos (ministeriais e da oposición) que o Goberno designaba para ser elixidos. Para obter os resultados desexados empregábanse diversos procedementos como o falseamento de papeletas, a coacción e a compra de votos.

Rexencia de Espartero (1840–1843)

Espartero era un militar que derrotara aos carlistas. Era moi dilatorio e militarista, e isto aproveitarono os moderados para recuperar o poder.

Derrogou a Lei dos Concellos, pero o primeiro descontento debeuse á política de nomeamentos militares que favorecía aos xenerais. Era defensor das políticas económicas librecambistas. Unha das medidas que emprendeu foi a liberalización das importacións de tecidos de algodón, rebaixando os aranceis dos produtos téxtiles ingleses, que eran mellores e máis baratos; medida que levou á ruína da nacente industria algodonera catalá. Isto rematou coa orde de Espartero de bombardear Barcelona, o que incrementou os opositores a Espartero.

Outro tema que intentou resolver foi o problema foral vasco e navarro. Outra medida de Espartero foi a desamortización dos bens do clero secular en 1841. Un pronunciamento militar de signo moderado, encabezado polo xeneral Narváez (1843), provocou a caída de Espartero e o seu exilio a Inglaterra. Narváez decidiu adiantar a maioría de idade de Isabel II aos 13 anos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *