Historia Contemporánea de España: Del Regeneracionismo al Desarrollismo

El Regeneracionismo y el «Cirujano de Hierro»

O rexeneracionismo foi unha corrente intelectual, política e literaria de finais do s. XIX que criticaba os problemas de España e propoñía a modernización. Os rexeneracionistas consideraban que o atraso do país se debía a un Estado ineficaz, á corrupción política e ao escaso desenvolvemento económico. O seu programa defendía reformas para modernizar a economía, mellorar a educación e impulsar a agricultura e as infraestruturas. A idea do «cirurxián de ferro» xorde porque pensaban que o sistema estaba tan corrompido polo caciquismo que só un gobernante forte e autoritario podía «operar» o sistema e aplicar as reformas necesarias para salvar o país.

La Crisis del Sistema Canovista

A progresiva desaparición do sistema canovista nos inicios do reinado de Alfonso XIII débese á desunión dos partidos dinásticos tras a morte de Cánovas e Sagasta, o que provocou inestabilidade política e maior intervención do rei. Ademais, o sistema estaba desprestixiado polo fraude electoral e o caciquismo. Tamén influíron o aumento da conflitividade social, o auxe do republicanismo e dos nacionalismos periféricos, e o crecente intervencionismo do exército na política. Todo isto levou á crise e debilitamento do sistema canovista.

La Dictadura de Primo de Rivera

Primo de Rivera xustificou o golpe de Estado alegando a necesidade de acabar coa inestabilidade política, coa corrupción do sistema parlamentario e coa orde pública deteriorada, ademais de poñer fin á guerra de Marrocos. O golpe produciuse nun contexto de grave crise do sistema canovista, cunha forte inestabilidade política, folgas e violencia. Tamén influíu o exército na vida política e o fracaso na guerra de Marrocos, especialmente tras o desastre de Annual, que aumentou o descontento militar e social. A reacción foi de aceptación: o rei Alfonso XIII apoiou o golpe, as clases altas e a burguesía vírono como unha solución de orde, e unha parte da poboación aceptouno con esperanza de estabilidade. Aínda así, houbo oposición de republicanos, socialistas e nacionalistas.

Medidas del Directorio Militar

  • Orde pública: Decretouse o estado de guerra ata 1925, limitando as liberdades e prohibindo reunións. Perseguíronse organizacións obreiras como a CNT e estendeuse o Somatén.
  • Unidade da patria: Reprimiuse o nacionalismo periférico, prohibindo símbolos e linguas non castelás, clausurando institucións e perseguindo dirixentes nacionalistas.
  • Guerra de Marrocos: Optouse por continuar a intervención militar e, tras o desembarco de Alhucemas e a cooperación con Francia, conseguiuse o fin da guerra.

La Segunda República Española

O goberno provisional da II República estivo formado por unha coalición de republicanos de esquerda e centro xunto co PSOE. Nas eleccións de xuño de 1931 gañaron as forzas republicano-socialistas, sendo o PSOE o partido máis votado.

El Bienio Reformista

Durante este período, o goberno impulsou reformas clave:

  • Relixiosa: Separación Igrexa-Estado e matrimonio civil.
  • Militar: Xuramento de fidelidade á República.
  • Agraria: Lei de 1932 para a expropiación de terras.
  • Educativa: Creación das Misións Pedagóxicas.
  • Laboral: Creación de xurados mixtos.

Guerra Civil y Franquismo

O bando republicano (socialistas, comunistas, anarquistas) contou co apoio da URSS, Brigadas Internacionais e México. O bando sublevado (militares, igrexa, propietarios) recibiu axuda da Alemaña nazi, Italia fascista e Portugal.

Consecuencias y Autarquía

A vitoria de Franco supuxo a fin da II República e a instauración dunha ditadura. Durante os «anos azuis» (1937-1945), España mantivo un achegamento aos fascismos. A autarquía buscou a autosuficiencia económica mediante unha forte intervención estatal, o que derivou en escaseza e inflación. Finalmente, o Plano de Estabilización de 1959 marcou o inicio da liberalización económica e o crecemento do país.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *